luns, 27 de xaneiro de 2014

O Achado Do Castro


Moi breve e interesante, esta obra está ambientada na Roma antiga pero modifica a lingua e fai que os personaxes usen vocabulario e xiros actuais, o que provoca situacións moi divertidas. Temos un emperador algo parvo (pai da moza namorada), uns namorados MANOLITUS e CARMIÑAE, a nai del, ARPEXIA (moi interesada no emperador), escravos, dous soldados e dous ladróns (un listo e un tonto) e o sabio CITRÓN que é suplantado por un ladrón. Relata unha historia de amor con sentido do humor, os anacronismos danlle un toque disaparatado pero con todo, a historia faise crible. Sendo moi breve, dá a sensación de ser longa e interesante; lévate a buscar termos como : TRICLINIUM, SESTERCIOS, CUADRIGA, EPIGRAMAS...

Ningún comentario:

Publicar un comentario